Un equipo de entre 28 e 30 persoas comezarán ás 8.00 horas da mañá do luns 29 de outubro o reconto do voto emigrante na Audiencia Provincial de Pontevedra.
Fontes da Xunta Electoral Provincial indicarón que terán que contar un máximo de 8.000 votos. Este é o número de electores residentes no estranxeiro que solicitaron exercer o seu dereito a sufraxio en Pontevedra, pero non quere dicir que todos eles decidiran finalmente enviar a papeleta.
Unha parte dos votos emitidos permanecen custodiados pola Policía Nacional na Audiencia Provincial de Pontevedra, pero algúns aínda están por chegar, de maneira que ata as 8.00 horas do luns non se saberá o número final de sufraxios a contar.
Aínda no caso de que todos os pontevedreses que pediron o voto rogado decidirar votar, o número de papeletas a recontar será moi inferior ás de eleccións anteriores.
Estas son as primeiras autonómicas nas que se realiza esta modalidade de voto, pero en anteriores citas electorais nas que houbo sistemas simulares (como os últimos comicios xerais) houbo "bastantes máis" sufraxios emitidos.