O director xeral de Treves, Antonio del Hoyo, mantivo a primeiras horas desta mañá unha reunión cos representantes sindicais da fábrica de Treves-Galicia situada no Polígono do Campiño na que informou de que durante o verán de 2013 acometerán un ERE suspensivo para o que aínda non se estableceu o número de días.
Este ERE coincidirá coa fase na que deixará de producirse en Vigo el Citroën C4 Picasso (B58) para incorporar un novo modelo. Tampouco se descarta que ao longo de 2014, a empresa teña que enfrontarse a un novo ERE. E esta situación laboral prodúcese, non obstante, cando a dirección da fábrica manifestou a súa satisfacción cos resultados que se están a obter en Treves-Galicia. Segundo manifestou David Couñago, presidente do comité de empresa, está previsto que en xaneiro do próximo ano o equipo conta cunha suba salarial en xaneiro do 3'5%
Ademais, a dirección da empresa está a formularse a posibilidade de instalar dous novos carruseis de produción na nave pontevedresa a finais do próximo ano.
O director xeral de Treves garantiu que, a pesar do expediente de regulación de emprego previsto, se manterá o equipo durante 2013. Actualmente, a fábrica conta con 151 traballadores.