Na concentración que se desenvolveu no Concello coa presenza de máis dun centenar de persoas entre as que se encontraban membros da corporación municipal e de distintos partidos políticos e asociacións veciñais e profesionais se coñecía que, ao longo desta mañá, se identificara en Santiago de Compostela unha segunda vítima pontevedresa do accidente ferroviario sucedido en Angroisque súmase á de Laura de Juan. Trátase da moza Lucía Arosa de 32 anos que viaxaba co seu mozo Jacobo Romero que tamén faleceu tras o brutal impacto.
Na listaxe de falecidos tamén se fai referencia a unha terceira persoa que figura como residente en Pontevedra. Trátase dunha muller de 69 anos, Antonia Baro Roldán.
Segundo os datos da Policía científica, as vítimas mortais pertencentes á provincia de Pontevedra elévanse a cinco.
O alcalde en funcións, Antón Louro, trasladou o seu "sentimento profundo de dor compartida, de impotencia ante o que sucedeu e tamén de solidariedade".
Antón Louro fíxose eco da consternación de todos os pontevedreses e recordou que durante a súa etapa como Delegado de Goberno en Galicia tivo que vivir algunha situación "non desta dimensión pero tamén de grande impacto" e nestes casos "o único que cabe é estar coas familias trasladarlle o seu afecto, solidariedade, apoio e que todos os feridos se recuperen canto antes".
"Creo que Galicia como país reaccionou á altura das circunstancias e eu diría que as Institucións e os responsables políticos o están a facer ao mesmo nivel", concluíu Louro.
CONCENTRACIÿN ANTE A DEPUTACIÿN
Máis dun centenar de persoas, entre políticos e funcionarios, déronse cita ante a entrada do Pazo provincial na Avenida de Monteiro Ríos, sede da Deputación de Pontevedra.
Ante a ausencia do presidente da institución, Rafael Louzán, foron as deputadas Ana Isabel Vázquez e Begoña Estévez, os cales trasladaron as súas condolencias ás vítimas do accidente ferroviario de Santiago e ás familias destas.
"ÿ un momento moi triste para todos nós no que queremos transmitir a nosa solidariedade así como a nosa felicitación e recoñecemento a todas as persoas que traballaron e axudaron voluntariamente", declararon.
CONCENTRACIÿN ANTE A SUBDELEGACIÿN
A Subdelegación do Goberno de Pontevedra, ao igual que o resto da administración periférica do Estado na provincia, levou a cabo cinco minutos de silencio. Foi ás once da mañá.
"Dende a Subdelegación, ao igual que todos os días, pero con especial intensidade, estivemos a disposición da Delegación do Goberno para axudar en todo o que fora necesario. Foi unha tensa garda para tratar de axudar aínda que fose na distancia. Acompañando as nosas autoridades que estaban en primeira liña e sumando esforzos", apuntou o Subdelegado, Antonio Coello.
A memoria das vítimas foi homenaxeada con novas concentracións silenciosas ante as portas principais do hospital Montecelo, do Hospital Provincial e do Hospital Comarcal do Salnés.
Especialmente emotiva foi a cita en Montecelo xa que entre as vítimas da traxedia ferroviaria se encontra Laura de Juana, filla dun dos médicos cirurxiáns do centro. A emoción dos seus compañeiros de traballo engadiu especial intensidade a esta mostra de solidariedade.