Tres venres para probar as cinco propostas dun novo Caldelas Tapas

Ponte Caldelas
18 de xullo 2024

Volve o Caldelas Tapas, o certame gastronómico que pon en valor a hostalería local de Ponte Caldelas. Será cunha edición que se desenvolverá os tres próximos venres, os días 19 e 26 de xullo e, por último, o 2 de agosto. Nesta ocasión serán cinco os establecementos participantes

Un dos petiscos que se servirán no Caldelas Tapas
Un dos petiscos que se servirán no Caldelas Tapas / Concello de Ponte Caldelas

Volve o Caldelas Tapas, o certame gastronómico que pon en valor a hostalería local de Ponte Caldelas. Será cunha edición que se desenvolverá os tres próximos venres, os días 19 e 26 de xullo e, por último, o 2 de agosto.

Nesta ocasión serán cinco os establecementos participantes.

Así, desta vez o Acuña propuxo a súa Tosta Acuña, o Alameda un petisco que chamou Sardiña, o Asador A Fracha elaborará o Berberechán, o Klimbim fará o propio co seu Volcán e o Mesón Parada ofrecerá un Taco Estilo Parada.

Todas estas propostas serviranse entre as oito da tarde e as doce da noite.

Terán un prezo de 1,50 euros cada unha e a bebida servirase aparte.

O xurado composto por Pepe Vieira, Lita Miguez e Aurora Garrido xa degustou o pasado mes de xuño as cinco propostas que se presentan ao concurso e escolleu a gañadora, que se dará a coñecer en agosto.