Tres propostas gratuítas reactivan o programa 'Cóllelle o gusto'

Poio
20 de febreiro 2023

A concelleira responsable de Benestar Social, a socialista Rosa Fernández, indica que a primeira das actividades vai celebrarse este venres 24 de febreiro e consistirá nunha sesión de bonecos con calcetíns usados

Os calcetíns serán protagonistas dunha das actividades de 'Cóllelle o gusto'
Os calcetíns serán protagonistas dunha das actividades de 'Cóllelle o gusto' / Mike Linksvayer

Este venres 24 de febreiro a Casa Rosada acollerá unha das novas actividades que se engloba no programa 'Cóllelle o gusto', que organiza a concellería de Benestar Social e Mocidade. 

A edil responsable da área Rosa Fernández sinala que nestes primeiros meses do ano póñense en marcha tres propostas gratuítas. Na primeira, prevista para o venres 24, realizaranse bonecos con calcetíns en desuso. A través desta iniciativa quérese desenvolver unha actividade que ofreza unha segunda vida a estas pezas cando xa se atopen en mal estado. Será en horario de 17.00 a 21.00 horas.

A segunda proposta chegará o 24 de marzo, en horario de 17.00 a 20.00 horas, cunha sesión de 'Zentagle', técnica artística que se basea na meditación a través do debuxo, creando imaxes a través de patróns que se repiten.

Xa o 28 de abril, de 17.00 a 21.00 horas, realizarase un ciclo de elaboración de axendas e cadernos pequenas de man.

A inscrición para as tres sesións é gratuíta e pode realizarse en persoa na Casa Rosada ou chamando ao teléfono 986.872.401 ou ao 986.770.001 (extensión 1400), ou tamén enviando un correo a [email protected]