Tres persoas resultan feridas nun choque múltiple na recta de Rubiáns

O Salnés
01 de febreiro 2017

No accidente víronse implicados tres vehículos e outro máis que estaba estacionado no lugar

Accidente múltiple na recta de Rubiáns
Accidente múltiple na recta de Rubiáns / Servizo de Emerxencias

Un aparatoso accidente múltiple acontecido este mércores na recta de Rubiáns, en Vilagarcía, saldouse cun balance de tres persoas feridas.

Na colisión víronse implicados tres vehículos, ademais doutro estacionado no lugar, preto do cemiterio.

Un particular alertou do suceso, ao redor das 17:30 horas da tarde, polo que o servizo 112 Galicia informou a Protección Civil, o servizo de Emerxencias municipal, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

Tamén se desprazou ata o lugar unha unidade de bombeiros co equipo de excarceración, xa que nun primeiro momento informouse da posibilidade de que unha das persoas feridas estivese atrapada.

Ademais mobilizáronse dúas ambulancias do 061 para atender aos feridos.