Tres persoas rescatadas tras encallar unha embarcación en Chancelas

Poio
07 de decembro 2013

O 112 informou este sábado dun accidente na ría de Pontevedra. Unha embarcación encallou nas proximidades da praia de Chancelas. A bordo viaxaban tres persoas que tiveron que ser rescatadas

Vista da ría de Pontevedra dende Combarro
Vista da ría de Pontevedra dende Combarro / Juan Mejuto

O 112 informou este sábado dun accidente na ría de Pontevedra.

Unha embarcación encallou nas proximidades da praia de Chancelas. A bordo viaxaban tres persoas que tiveron que ser rescatadas.

Segundo os efectivos de emerxencias ás 17:10 horas recibiron o aviso de que unha embarcación duns dez metros de eslora tiña unha vía de auga, mobilizáronse efectivos de Salvamento marítimo, Gardacostas, voluntarios de Poio, Garda Civil.

O buque María Pita que remolcou o barco ata Sanxenxo.