A Policía Local de Poio informou dun accidente de tráfico na parroquia de Campelo.
Os axentes municipais foron alertados ás 13:55 horas dunha saída de vía dun vehículo na Rúa Zapateiro.
Neste accidente tres persoas resultaron feridas Leves, un deles un menor de idade, foron trasladados en ambulancia ao Hospital Montecelo.
Unha muller que viaxaba no coche quedou atrapada, ainda que foi rescatada sen incidencias.
A Policía Local iniciou unha investigación do accidente para aclarar a causa do sinistro.
O mozo que conducía o turismo deu negativo nas probas de alcol e drogas.
Segundo informan desde a Policía Local "todo apunta a unha conducción temeraria cunha velocidade inadecuada para este vial".
Os axentes comprobaron que "existe unha frenada na calzada de 15 metros".