"Tres ou catro días" de traballo por diante para vaciar a nave de Pontesa e extinguir o seu incendio

Pontevedra
17 de novembro 2022

Os traballos para retirar o material almacenado no interior da nave de Pontesa, que segundo as autoridades segue en "combustión permanente" comezarán hoxe mesmo. Estiman que estes labores, que fará unha empresa especializada, durarán "tres ou catro días". Así o avanzou a edil de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde

As instalacións de Pontesa, tres días despois do incendio
As instalacións de Pontesa, tres días despois do incendio / Mónica Patxot

Os traballos para retirar o material almacenado no interior da nave de Pontesa, que segundo as autoridades segue en "combustión permanente" comezarán hoxe mesmo. Estiman que estes labores, que fará unha empresa especializada, durarán "tres ou catro días".

Así o avanzou a edil de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, que explicou que os bombeiros seguen acudindo "periodicamente" ás instalacións para "arrefriar e enchoupar" todo o cereal acumulado e evitar que se reaviven as chamas.

O plan de actuación de emerxencia para baleirar a nave, segundo a compañía Galigrain, pertencente ao Grupo Nogar, será executado por unha empresa homologada e autorizada no tratamento e xestión de residuos, ao estar todo o cereal contaminado por amianto.

Estes traballos recibiron o aval do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e levan a cabo en "coordinación directa" cos Bombeiros de Pontevedra.

A retirada de todo este material empezará pola fachada lateral e pola cuberta da nave, para poder acceder ao interior das instalacións con seguridade e poder arrefriar o gran.

O plan, engade a empresa nun comunicado, inclúe accións de protección ambiental para minimizar o impacto dos procesos de extinción e arrefriado.

As 42.000 toneladas que, segundo as estimacións dos técnicos, están almacenadas no interior da nave de Pontesa deberán ser retiradas e trasladarse a unha "zona segura", segundo Eva Vilaverde, ante o risco que supón para a poboación a presenza do amianto.

Desde o Concello aseguran estar "axilizando todo o que podemos" estes trámites para que se adopten as medidas necesarias que permitan dar por extinguido o incendio.

Arquivado en