Pontevedrá conta con tres novas fontes en distintos puntos da cidade.
A empresa encargada da xestión do servizo de auga en Pontevedra, Viaqua, vén de rematar a instalación destes elementos, que quedan a disposición de visitantes e veciñanza.
As fontes figuran como unha das melloras incluídas dentro do contrato polo que a empresa obtivo a adxudicación no seu día, polo que non deriva nun gasto extra para as arcas municipais.
Tal e como sinala o concelleiro responsable do Ciclo da Auga, Xaquín Moreda, as novas fontes foron colocadas "en sitios estratéxicos" nas que poden ter un maior uso.
A primeira delas está no paseo do Lérez, á altura da Ponte dos Tirantes, "onde unha enorme cantidade de persoas vai camiñar ou facer deporte".
Outro dos puntos éno Gorgullón, fronte ás estacións de tren e autobús, punto chave dentro do Camiño de Santiago.
Por último, a terceira fonte sitúase na Praza de Galicia, nun dos laterais da gran marquesiña da parada de autobús deste lugar.
As novas fontes son de aceiro inoxidable e altamente accesibles, incluíndo persoas en cadeira de rodas. Tamén contan cun sistema para as mascotas.
"Cremos que van ser moi usadas pola cidadanía, ao contar cun deseño único e actual, ademais de adaptado", finalizou o edil.