Tres millóns de euros para mellorar o firme de cinco estradas nas comarcas de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra
24 de marzo 2025

Actuarán nas estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren por Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia

Obras de mellora do firme nunha estrada autonómica
Obras de mellora do firme nunha estrada autonómica /

A Xunta de Galicia mellorará o firme de cinco estradas autonómicas ao seu paso por 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés.

A Administración galega adxudicou as obras por 2.936.226 euros á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. (Covsa).

A actuación vai mellorar a capa de rodaxe en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia.

Segundo a información oficial facilitada, o contrato asinarase nos vindeiros días e as obras comezarán previsiblemente na primavera.

O prazo estimado de execución das obras é de 9 meses

Os traballos consistirán na rehabilitación superficial do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

A intervención incluirá a reparación de zonas de firme danado mediante fresados localizados e reposición dunha capa de firme, selado de fisuras lineais con mestura bituminosa e a creación dunha nova rodadura mediante recrecemento de firme.