Os tres hospitais da área sanitaria teñen máis do 80% das camas ocupadas

Pontevedra
26 de marzo 2025
Actualizado: 8:09

Para facer fronte a esta circunstancia anómala mantéñense abertas a totalidade das camas de hospitalización convencional

Servizo de Urxencias no Hospital Montecelo
Servizo de Urxencias no Hospital Montecelo / Mónica Patxot - Arquivo

Os hospitais Montecelo, Provincial e o do Salnés teñen máis do 80% das camas ocupadas, segundo informou o xerente da área sanitaria, José Flores.

Segundo explicou, agora mesmo estase a vivir unha situación "diferente" á doutros anos xa que nos últimos exercicios o habitual era rexistrar a mediados de xaneiro un pico de ingresos "durante un tempo contido", con todo, nesta ocasión está a producirse "unha alta ocupación sostida desde hai varios meses".

A maioría dos casos son infeccións respiratorias, especialmente a gripe A.

Para facer fronte a esta circunstancia anómala mantéñense abertas a totalidade das camas de hospitalización convencional.

"Iso fai que lóxicamente teñamos a disponibilidade do 100 % das camas de hospitalización convencional dos tres hospitais abertas de forma permanente e cunha ocupación sempre por riba do 80%", sinalou o xerente.

También a Atención Primaria está a vivir esta presión e os médicos de cabecera están a atender "máis consultas". José Flores indicou que os Puntos de Atención Continuada (PAC) manexan "números máis altos que o ano pasado", sobre todo durante as fins de semana.

E no servizo de Urxencias de Montecelo están a rexistrarse xornadas que, segundo destacou Flores, chegaron a pasar os 200 pacientes no prazo de 24 horas. En comparación con outros anos, os pacientes que acoden neste 2025 a Urxencias teñen unha maior taxa de hospitalizacións.

O xerente da área sanitaria apuntou que mentres non se dispoña do Novo Montecelo, o espazo do servizo de Urxencias seguirá a ser "insuficiente" o que fai que os profesionais sanitarios estean "moi limitados".

José Flores asegurou que o persoal sanitario "está traballando arreo para facer que todo isto funcione".

Por último, engadiu que desde a xerencia está a darse todos os reforzos e realizando manobras de xestión para relaxar todo o posible a tensión.