Tres graneleiros coinciden no Porto de Marín na descarga de 75.000 toneladas de cereais

Marín
20 de agosto 2024

As tres embarcacións están consignadas polo Grupo Nogar e proceden de Alemaña, Arxelia e Estados Unidos

Graneleiro Cumbira no Porto de Marín
Graneleiro Cumbira no Porto de Marín /

O tráfico dos graneis sólidos converteuse nun dos transportes en auxe durante este 2024.

Así o constata o Porto de Marín, onde se rexistrou unha suba do 39% nos seis primeiros meses deste ano con respecto ao mesmo período de 2023.

Neste incremento destaca o transporte de cereais e de fariñas, cun 14,45% de aumento ata o mes de xuño.

Precisamente, durante estes días, tres buques graneleiros con carga de cereais coinciden no porto realizando unha descarga de máis de 75.000 toneladas conxuntas de mercadoría.

As tres embarcacións atópanse consignadas polo Grupo Nogar.

O buque Ura, procedente de Alemaña; o Prince Zain que chega de Alxeria e o Cumbria que procede dos Estados Unidos, do porto de Convent.

Os buques atracaron nos peiraos Leirós 1 e 2 e no Peirao Oeste.