No Complexo Hospitalario de Pontevedra e no Hospital Comarcal do Salnés atenderon a un total de 13 feridos no accidente ferroviario.
Das dez persoas atendidas no Complexo Hospitalario de Pontevedra, sete xa recibiron a alta médica e unha foi derivada ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña por unha lesión medular.
Permanecen ingresados outros dous feridos, que están estables e presentan unha evolución favorable. Tamén está ingresada no CHOP unha persoa máis que foi atendida no hospital do Salnés e que, tras ser estabilizada, derivouse hoxe ao hospital Montecelo.
O hospital do Salnés atendeu a tres persoas feridas no accidente ferroviario.
Unha xa recibiu a alta médica e as outras dous que permanecían ingresadas foron derivadas este venres, tras ser estabilizadas, a outros hospitais. Unha delas ao Complexo Hospitalario de Pontevedra e o outro, a petición do ferido e a súa familia, a un centro sanitario de Madrid, cidade na que residen.