Tres dos acusados de formar parte dunha rede de narcotraficantes recoñecen os feitos na Audiencia de Pontevedra

Pontevedra
31 de maio 2023

Os outros seis acusados, incluído o vilagarcián Carlos Silla, suposto xefe, negaron as acusacións. A Sección Segunda do tribunal provincial iniciou este mércores o xuízo con este asunción de culpabilidade por parte Antolín Fernández Pajuelo, número dous desta organización, César R. e Daniel S. 

Fiscal Pablo Varela
Fiscal Pablo Varela / Mónica Patxot

Tres das persoas acusadas de formar parte da organización criminal que tentou colocar catro toneladas de cocaína a través da ría de Arousa recoñeceron a súa participación nos feitos polos que están a ser xulgados na Audiencia de Pontevedra. Os outros seis acusados, incluído o vilagarcián Carlos Silla, suposto xefe, negaron as acusacións.

A sección segunda do tribunal provincial iniciou este mércores o xuízo con este asunción de culpabilidade por parte Antolín Fernández Pajuelo, número dous desta rede, César R. e Daniel S. 

Ao longo da sesión os avogados da defensa presentaron as cuestións preliminares nas que solicitaron a nulidade de todas as actuacións ao entender que a obtención da información nesta causa levou a cabo sen cobertura xudicial, que houbo fraude procesual, mesmo que se vulnerou o dereito á inviolabilidade do domicilio dun dos acusados ao subirse un axente a un muro para ver no interior do xardín da súa residencia. 

O letrado que exerce a defensa de Carlos Silla insistiu especialmente na falta de autorización xudicial a unha baliza instalada nunha lancha asegurando que foi este elemento o que activou o despregamento policial, polo que toda a actuación debía invalidarse. 

O fiscal antidroga, Pablo Varela, asegurou que dita baliza non foi o elemento causante e que apenas tivo transcendencia no operativo.

O fiscal reprochou aos avogados que "no hubo ni la más mínima novedad en el planteamiento de su impugnación" e que "todas estas alegaciones ya fueron objeto de un pronunciamiento anterior de esta misma Audiencia" que as desestimou.

Nunha longa exposición por parte do fiscal, durante a cal se durmiu un dos acusados, Pablo Varela explicou que esta investigación está "nutrida por un gran caudal de fuentes de prueba" e de "indicios ciertos y datos objetivos contrastados".

Tamén replicou que algunhas argumentacións das defensas conteñen un "desenfoque" da doutrina do Tribunal Supremo e criticou as "interpretaciones calumniosas de los letrados" cando insinuaron un "supuesto contubernio entre los fuerzas policiales y la autoridad judicial".

Finalmente o tribunal resolverá todas estas cuestións previas na sentenza e tamén aceptou a solicitude de cinco dos acusados para que a súa declaración se produza ao final das sesións, tras a práctica de toda a proba.

O xuízo retomarase este xoves ás 9.30 horas cos testemuños dos catro acusados que pediron declarar antes: Antolín Fernández Pajuelo, César R., Daniel R. e Miguel Ángel T.