Tres días de loito oficial en Galicia: "No son 132 incendios, son 132 atentados"

Pontevedra
16 de outubro 2017
Actualizado: 13:38

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, decretou tres días de loito oficial en Galicia tras o falecemento de catro persoas por mor dos incendios, dúas mulleres na localidade pontevedresa de Nigrán, un home en Carballeda de Avia (Ourense) e outro home de en Vigo, veciño de 70 anos de San Andrés de Comesaña, que caeu dende o alto dun muro cando tentaba apagar as lapas 

Terra queimada
Terra queimada / PontevedraViva

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, decretou tres días de loito oficial na comunidade polos tristes acontecementos das últimas horas por mor dos incendios, nos que catro persoas perderon a vida.

Balance á primeira hora da mañá

  • Catro persoas morreron este domingo.
    • Dúas mulleres falecidas no interior dun vehículo calcinado en Chandebrito (Nigrán).
    • A terceira vítima é un home de idade avanzada cuxo corpo foi achado nun galpón situado detrás da súa casa, no municipio de Carballeda de Avia (Ourense).  
    • En Vigo un veciño de 70 años de San Andrés de Comesaña, caeu dende o alto dun muro cando tentaba apagalas lapas que afectabas a súa casa cunha mangueira.
  • Povisa atendeu a cinco persoas con queimaduras de diversa consideración, das cales unha quedou ingresada. Atendeuse tamén a 14 persoas por problemas respiratorios causados por inhalación de fume.  
  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou que en Vigo está de garda o xulgado número 8. Polo momento, 13.30 horas, non se autorizaron enterramentos dos falecidos porque están con trámites previos. Tampouco hai detidos
  • O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, confirmou que se desprazará a Galicia para visitar algunhas das zonas afectadas polos incendios.
  • Abel Caballero, alcalde de Vigo, informa ás 10.00 horas que o Concello ten na rúa todos efectivos Bombeiros, Policía e Protección Civil. Están a intervir en Alcabre, Coruxo, Zamáns, A Madroa, Freixo e Fragoselo. Houbo 400 desaloxos, 200 persoas acollidas en hoteis.
  • A Consellería de Educación suspendeu este luns as clases nun total de 20 centros educativos da provincia de Pontevedra entre eles o IES de Ponte Caldelas de Ponte Caldelas.
  • Cancelada a axenda oficial da Deputación de hoxe. Ás 10:45 horas, a presidenta Carmela Silva informará no Pazo provincial sobre a situación actual.
  • O alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, informou ás 8:00 horas "A esta hora quedan todos os focos fóra de perigo para as vidas humanas e as vivendas, sen baixar a garda. Ademais do incendio de Parada de Tenorio, o que asolagou Ponte Caldelas traspasou os nosos límites creando unha grande inestabilidade en Borela, Famelga, e Aguasantas".
  • Ás 8.00 horas hai activos 105 incendios, 15 deles en situación 2, é dicir, que amenzan a núcleos de poboación. 
  • Ás 09.15 horas está convocada un reunión extraordinaria do Consello da Xunta de Galicia.
  • A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez: "Galicia sabe que los incendios fueron intencionados. El monte no se suicida solo". "No son 132 incendios, son 132 atentados".
  • O ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido informa que a UME está a intervir en Gondomar, Baiona, As Neves, Ponteareas, Mos, Nigrán, Montederramo-Villar de Barro-Maceda e Ibias.
  • O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz fixo un informe de situación ás 04.45 horas: "La única ayuda ha sido que ha amainado el viento. En Laxoso arde el monte, pero, por el momento, sigue lejos del pueblo, por lo que el peligro no es inminente. En A Sorreira hemos logrado contenerlo. Hay una brigada forestal en lo alto del monte de Caldelas. Nosotros estamos bajando de Rebordelo a Barbudo, donde las llamas son muy intensas. Llevamos con nosotros otras dos brigadas forestales de la Xunta de Galicia, que, ahora sí, ha enviado efectivos. Acabamos de llegar a Barbudo y el fuego está muy cerca. La situación es muy preocupante". Ás cinco da mañá reavivouse o lume detrás da igrexa de Barbudo e tamén en Cuñas.
  • Caeu unha fina choiva desde as catro da madrugada e escampou ás sete da mañá, tamén amainou o vento. As predicións de Meteogalicia apuntan que esta noite chegará unha fronte fría.
  • Entre as 18.00 horas do domingo e a medianoite iniciáronse máis de 60 lumes.
  • Cortadas a A-52 entre Ribadavia e A Cañiza e a N-120 en Monforte polos incendios forestais 

 

Arquivado en