Intenso programa de actividades o que afrontará Sanxenxo durante a fin de semana para despedir o entroido.
O venres 19 de febrebro Villalonga acollerá o Enterro da Cabra organizado pola Agrupación Veciñal @s Cabrit@s, cun cortexo fúnebre que partirá ás 21:30 horas para percorrer as principais rúas da localidade. Tras a queima, a festa continuará na cantina do campo de fútbol cun petisco para os asistentes e un concerto na praza de Javi Solla.
Xa o sábado 20, será o turno de Arra desde as 15:00 horas cunha festa de disfraces con xogos tradicionais e inchables para os máis pequenos na que tamén se celebrará o segundo Enterro do Viño novo.
Tamén o sábado, desde as 20:00 horas, Portonovo acollerá o tradicional enterro da sardiña, que partirá da contorna do colexio para finalizar na zona portuaria, tendo continuación coa Festa do Jato nos locais de lecer e hostalería.
Como colofón, o domingo celebrarase o aprazado desfile de adultos, que poñerá fin ao entroido cunha comitiva que arrincará ás 16:30 horas da rúa Luís Rocafort para terminar na zona portuaria de Portonovo.