Tres persoas foron detidas e outras dúas identificadas pola súa implicación nunha disputa na que resultaron feridos tres axentes da Policía Nacional.
Os feitos ocorreron a partir das 22.30 horas da noite do sábado nun portal da rúa Loureiro Crespo e prolongáronse durante unhas tres horas.
Tras pasar a noite no calabozo, os tres detidos foron postos a disposición xudicial e logo quedaron en liberdade en calidade de investigados. Un é veciño de Vigo e os outros, de Pontevedra.
Ao tres atribúenlles o delito de atentado a axente da autoridade e a un deles tamén o de ameazas por ameazar de morte os policías. Un deles ten antecedentes por malos tratos e apropiación indebida.
Varias patrullas da Policía Nacional acudiron a este portal tras recibir o aviso de que se congregara un gran número de persoas e estaban a proferir berros na vía pública.
Á chegada dos axentes, comprobaron que se trataba de varios membros dunha mesma familia que mantiñan unha disputa e un deles encarouse cos policías.
Este home estaba moi alterado e, tras atacar os policías, foi detido. No momento no que lle estaban pondo os grilletes, chegou outro home e deulle unha patada na cabeza a un policía.
A partir de aí, montouse a disputa e, como resultado da mesma, tres policías foron agredidos e presentan diversas feridas.
Ademais, algunha das persoas presentes atacou un vehículo policial, que rexistrou importantes danos, e un proferiu ameazas aos axentes, gritando "te voy a matar".
Finalmente, foron detidos tres homes e identificados os pais dun deles, aínda que este non foron detidos.
A disputa chegou a tomar un carácter moi violento, de modo que foi preciso o reforzo con outras unidades policiais.
👮♂️ Apoyamos sin fisuras la actuación de #zetas#Pontevedra del pasado sábado
— Sup Galicia (@supgalicia) March 24, 2025
👉 Condenamos cualquier tipo de agresión, física o verbal, hacia los #PoliciaNacional
👉 Urge la declaración #ProfesionDeRiesgo y aumento de penas por agresión a #Policiaspic.twitter.com/LGtSFV8Rou