Trece artesáns participarán este ano na feira Chalana

Pontevedra
18 de xullo 2022

As inmediacións da Praza da Ferrería volverán a acoller, entre os días 20 de xullo e 7 de agosto, a feira de artesanía Chalana, que este ano chega á súa décimo quinta edición. Desta volta serán trece os artesáns que participarán nesta iniciativa

Artesáns participantes na XIV edición de Chalana
Artesáns participantes na XIV edición de Chalana / Cristina Saiz

As inmediacións da Praza da Ferrería volverán a acoller, entre os días 20 de xullo e 7 de agosto, a feira de artesanía Chalana, que este ano chega á súa décimo quinta edición.

Desta volta serán trece os artesáns que participarán nesta iniciativa, ofertando ao público elementos e traballos de coiro, xoiería, pintura, cunchas mariñas, macramé, esmaltes ou instrumentos musicais, entre outros.

Na eleccións dos artesáns apostouse polos novos vendedores e as novidades dentro da artesanía galega e de todo o Estado.

A feira, que se inaugurará o mércores ás doce e media da mañá, estará aberta nun horario de 11 a 14 e de 19 a 22.30 horas, todos os días e sen variacións na fin de semana.

Chalana é un referente durante o verán na cidade, unha cita que permite achegar un produto artesán de calidade ata a veciñanza e os visitantes que nestes días pasearán polas rúas de Pontevedra e pola Ferraría, un dos puntos máis coñecidos da Boa Vila.