Trece agrupacións participan dende este luns no Concurso de Murgas

Pontevedra
23 de febreiro 2020

O Entroido de Pontevedra bate un récord de participación. O Concurso de Murgas do Entroido contará este ano con 13 agrupacións nas semifinais do luns e do mércores

Os do Val do Lérez vencen na final de Murgas 2019
Os do Val do Lérez vencen na final de Murgas 2019 / Diego Torrado

O Entroido de Pontevedra bate un récord de participación. O Concurso de Murgas do Entroido contará este ano con 13 agrupacións nas semifinais do luns e do mércores.

Á final do xoves, 27 de febreiro, pasarán as 5 finalistas.

Todas as actuacións das Murgas serán no Pazo da Cultura a partir das 21.00 horas. A entrada é de balde.

  • O luns 24 de febreiro actuarán:
    • Os de Soremay 
    • Os de Noalla
    • Romanox
    • Os Oneis Bin Bang 
    • Tropa de Moncha A Caralla
    • Jana de leria
    • Val do Lérez. Aos que poñen verdes

 

  • O mércores 26 de febreiro actuarán:
    • Los PTV dan la vuelta al mundo
    • Os Arrombados
    • Murga do Naveiro. Máis millo para a tropa
    • Equipo Ja
    • Os da prensa
    • Leña verde

 

Arquivado en