Tratan de estafarlle 10.000 euros a unha anciá de Cambados co "timo da estampita"

O Salnés
21 de xuño 2017

Os tres detidos, todos eles de Estremadura, achegáronse á vítima, que ten 76 anos, ás once da mañá deste mércores e convencérona para que lles entregase os 10.000 euros en metálico, que a muller se comprometeu a retirar dunha sucursal bancaria

Material intervenido aos timadores de Cambados
Material intervenido aos timadores de Cambados / Guardia Civil de Pontevedra

Dous homes e unha muller, de entre 27 e 35 anos, foron detidos pola Garda Civil en Cambados, acusados de tentar estafarlle 10.000 euros a unha anciá do municipio usando o coñecido como "timo da estampita".

Os tres detidos, todos eles de Estremadura, achegáronse á vítima, que ten 76 anos, ás once da mañá deste mércores e convencérona para que lles entregase os 10.000 euros en metálico, que a muller se comprometeu a retirar dunha sucursal bancaria.

Un axente fose de servizo, que se atopaba na mesma oficina, viu como a muller estaba a xestionar a retirada do diñeiro e, ao ser unha cantidade tan grande, sospeitou que podía estar a ser vítima dunha estafa. 

O garda civil decidiu seguila e comprobou que nas inmediacións da sucursal atopábanse dous homes e unha muller que esperaban á señora, á que convidaron a subirse a un vehículo Skoda Octavia, cor gris, que estaba estacionado na rúa.

O axente decidiu intervir xusto no momento no que a anciá se dispoñía a entregarlle aos sospeitosos o sobre co diñeiro que retirara minutos antes no banco a cambio do cal, segundo souberon posteriormente, lle ían a un bolso cheo de billetes enrolados que atopara o "gancho", que facía o papel de discapacitado.

Os estafadores tentaron fuxir do lugar no coche, pero o axente interpúxose e logrou que lle entregasen as chaves do vehículo, tras o cal foron detidos e enviados ao cuartel de Cambados.

Os detidos, todos eles cun amplo historial delituoso, pasarán nas próximas horas a disposición da autoridade xudicial.