Ata 8,6 quilómetros da estrada N-640 nos accesos á Caldas de Reis van a ser acondicionados polo Goberno central.
Así o avanzou nunha visita a Caldas de Reis o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, que informou dos tres millóns de euros que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vai destinar a esta obra.
Losada remarcou a importancia deste investimento "para reforzar e mellorar as condicións do firme en varios treitos dunha vía con moito tránsito que vertebra este municipio".
Así, adiantou que o contrato está actualmente en fase de licitación.
Unha vez adxudicado, prevese a súa execución durante a primavera ou o verán do próximo ano aproveitando as mellores condicións do tempo.
O proxecto forma parte dun paquete de tres contratos por 32,8 millóns de euros (IVE incluído) nos que se vai empregar firme reutilizado e sostible.
Trátase do programa EFAPAVES, (Pavimentos Asfálticos Eficientes, polas súas siglas en inglés), un proxecto integral que busca mellorar a seguridade viaria, garantir a durabilidade das infraestruturas e reducir a pegada ambiental do sector do transporte por estrada.
Paralelamente a esta intervención, Abel Losada recordou que Transportes xa comezou a mobilizar os 8,73 millóns de euros dirixidos a traballos de conservación das estradas nacionais da zona norte da provincia.