Vixiar o cumprimento das restricións de mobilidade impostas pola declaración do estado de alarma e velar pola seguridade dos condutores nos desprazamentos por estrada é misión da Agrupación e Tráfico da Garda Civil. Con este obxectivo, as patrullas realizaron durante esta última fin de semana un total de 230 controis nas estradas da provincia de Pontevedra.
Inspeccionaron 2701 vehículos, identificaron a 3074 persoas e detectaron 135 infraccións administrativas por incumprir as normas. Ademais detiveron a un taxista de Ponteareas por conducir baixo os efectos do alcol.
Aínda que os esforzos dos axentes do instituto armado céntranse en vixiar o cumprimento das medidas declaradas polo estado de alarma, non descoidan a súa atención sobre a seguridade viaria. Así compaxinan o control das restricións de mobilidade co uso do teléfono móbil, os controis de velocidade e tamén os test de alcol ou drogas.
"É o momento de quedarse na casa, de respectar polo ben de todos as limitacións da mobilidade impostas polo estado de alarma", lembran desde a Garda Civil.