A Dirección Xeral de Tráfico poñerá en marcha dende este luns, día 9, unha campaña especial de control da taxa de alcoholemia entre os condutores.
Durante toda a semana, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis de alcohol a condutores nas vías galegas.
Tamén se potenciará a colaboración cos concellos para efectuar controis en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de ocio nocturno e durante as celebracións.
Os controis faranse a calquera hora, aínda que fundamentalmente despois das comidas e ceas.
A Delegación do Goberno en Galicia recordou que o alcohol é un factor concorrente ou determinante nun terzo dos accidentes mortais de circulación multiplicando por nove o risco de sufrir un accidente.