Un numeroso grupo de traballadores de Ence acudiu este martes pola tarde ao Concello de Poio para asistir ao pleno municipal no que se ía a debater unha moción presentada polo Partido Popular en defensa da continuidade da pasteira na Ría de Pontevedra.
Finalmente non houbo debate xa que só puidéronse oír os argumentos dos populares impedindo os manifestantes con apupos, asubíos e insultos, intervir aos portavoces do BNG e do PSOE.
Na votación estes dous partidos do goberno local e a edil non adscrita rexeitaron a proposta. Nese momento tivo que intervir a Policía Local ao abalanzarse algúns traballadores sobre a mesa do salón de plenos.
Do mesmo xeito que fixese pola mañá na Deputación, o portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, xustificou que a moción era "en apoio aos postos de traballo de Ence".