Toxo e Méndez critican á Xunta electoral de Pontevedra

Pontevedra
06 de outubro 2012

Os líderes dos dous principais sindicatos estatais, Ignacio Fernández Toxo (CCOO) e Cándido Méndez (UGT), criticaron a decisión da xunta electoral de Pontevedra de prohibir as manifestacións durante a campaña electoral.

Os líderes dos dous principais sindicatos estatais, Ignacio Fernández Toxo (CCOO) e Cándido Méndez (UGT), criticaron a decisión da xunta electoral de Pontevedra de prohibir as manifestacións durante a campaña electoral.

"hay una deriva en algunos sectores muy peligrosamente antidemocrática"

"Aquí se está intentando introducir un debate en la opinión pública española alrededor de la idea de ⿿modular⿿ el derecho a la huelga", apuntou Fernández Toxo no programa Hora 25 de la Cadena SER.

Para o secretario xeral de Comisións Obreiras "hay una deriva en algunos sectores muy peligrosamente antidemocrática".

A petición da Subdelegación do Goberno, Antonio Coello, a Xunta Electoral de Pontevedra remitiu un escrito ás plataformas de afectados polas preferentes para prohibir novos actos de protesta de calquera tipo de organización social e sindical entre os días 6 e 21 deste mes por "coincidir con la campaña electoral".

Idéntica resolución adoptouse na provincia de Ourense.

"Esto no hay ninguna ley en España que lo soporte", dixo Fernández Toxo, que recordou que a Xunta electoral central de Galicia "se ha negado a hacer lo mismo en las provincias de Lugo y A Coruña", indicou.

O secretario xeral de UGT, Cándido Méndez, subscribiu as palabras de Toxo e deixou entrever unha folga xeral para o 14 de novembro.

Arquivado en