O Centro de Educación Infantil e Primaria de Marcón decidía adornarse con plumas e lanzar sinais de fume recuperando as tradicións dos indios americanos con motivo da celebración da chegada do Entroido.
Os escolares realizaron uns tipis mentres que os adultos, pais e profesorado, levaban a cabo uns talleres para elaborar penachos. Todos vestidos coas típicas indumentarias dos indios que o cinema recolleu nos western.
Todos realizaron diferentes rituais ante un tótem instalado no centro do patio do recinto escolar e non faltaron os ouveos e uns divertidos bailes indios.
Esta actividade inclúese nunha xornada de portas abertas que se celebraba este venres no colexio de Marcón coa intención de mostrar as distintas iniciativas que se desenvolven neste centro escolar.