Toni Segarra, o mellor creativo español do século XX, participará na Semana CREA 2025 do campus

Pontevedra
02 de abril 2025

O campus de Pontevedra celebra do 21 ao 25 de abril unha programación con obradoiros, conferencias e cinema, coa participación doutras figuras como a deseñadora Elisa Palomino

Semana CREA 2024
Semana CREA 2024 / DUVI - Universidade de Vigo

O campus de Pontevedra acollerá entre o 21 e o 25 de abril a Semana CREA 2025, unha iniciativa aberta á cidadanía que, baixo o lema "Pensarnos futuros sustentables", servirá como escaparate da creatividade e a innovación promovidas polo Campus de Especialización Crea.

Co apoio da Deputación de Pontevedra, esta edición contará con destacadas personalidades como o recoñecido publicista Toni Segarra, a deseñadora de moda Elisa Palomino ou o artista gráfico Bruno de Almeida.

A programación abordará temas como a moda sustentable, a creación con materiais reciclados e o deseño colaborativo, distribuídos en conferencias, obradoiros prácticos e un ciclo de cine.

Segundo Ana Belén Fernández Souto, directora do Campus Crea, o obxectivo é mostrar a creatividade "dun xeito interdisciplinar", reforzando a súa conexión coa sustentabilidade.

CONFERENCIAS

  • Martes 22Elisa Palomino (University of Arts de Londres), con máis de 25 anos de experiencia en firmas como Dior e John Galliano, falará sobre moda e antropoloxía.

  • Mércores 23: O artista Carlos Rodríguez-Méndez (Universidade de Salamanca) ofrecerá unha charla na Facultade de Belas Artes, mentres o Museo de Pontevedra acollerá un debate sobre deseño e inclusión coas deseñadoras gráficas Raquel Boo e Zeltia Iglesias, xunto coa profesora Silvia García.

  • Xoves 24Toni Segarra, considerado o mellor creativo español do século XX, e David Caballero (VML The Cocktail) dialogarán sobre publicidade nun coloquio moderado por Julián Abad (Creatividade Galega). A cita será tamén no Museo de Pontevedra.

  • Venres 25Manuel Heredia (Sods Estudio) abordará as claves para negocios téxtiles sustentables na Facultade de Deseño.

Toni Segarra e David Caballero compartirán conversa o xoves 24
Toni Segarra e David Caballero compartirán conversa o xoves 24DUVI - Universidade de Vigo

OBRADOIROS PRÁCTICOS

Entre as actividades destacan catro obradoiros gratuítos, con inscrición aberta ata cubrir prazas (xes.crea@uvigo.gal):

  • "Crea o teu propio libro bordado" (Luns 21 e Mércores 23), con Maritza Berttollini.

  • "Deseño colaborativo e sustentabilidade" (Martes 22), impartido por Bruno de Almeida.

  • "Materiais sustentables: tradición vs. greenwashing" (Martes 22), con Elisa Palomino.

  • "Las hierbas que él arrojó" (Martes 22 a Venres 25), un taller de arte con refugallos que culminará nunha exposición.

A deseñadora Elisa Palomino
A deseñadora Elisa PalominoDUVI - Universidade de Vigo

CICLO DE CINEMA

Vicerreitoría retoma o ciclo cinematográfico 'Sobre Vivir (II)', que explora a relación entre o ser humano e o medio ambiente, con proxeccións como:

  • 4 de abrilAnimal (Cyril Dion, 2021), sobre cambio climático.

  • 25 de abrilA noite é nosa (James Gray, 2007).

  • 30 de maioAlguén voou sobre o niño do cuco (Milos Forman, 1975).

Todo o programa figura na ligazón do DUVI.