Barcelona é, recoñece Toni Puig, a súa paixón. Non en balde, o seu traballo foi vital durante o proceso de transformación que viviu a Cidade Condal nos anos 80 e 90, converténdose nunha das urbes de referencia de toda Europa. El foi o responsable de difundir o concepto de cidade e un dos construtores da "marca Barcelona".
Desde entón, coñéceselle popularmente como o 'gurú das cidades'. Numerosas localidades españolas, europeas e, nos últimos tempos, latinoamericanas recorreron a el en busca de asesoramento para acometer as súas respectivas transformacións urbanas.
Á Boa Vila chegou, convidado polo programa Pontevedra ten un puntazo, para compartir a súa experiencia coas empresas creativas da cidade. Pero antes visitou a cidade e foi recibido polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Puig recoñece que non estivera antes en Pontevedra e sinalou que "me he enamorado de ella". Tanto que, a pesar de que o seu traballo levouno a coñecer diferentes modelos urbanos, afirmou que "es la mejor ciudad de España para vivir" porque asegura que "se siente que la ciudad pertenece a la gente y eso me maravilla".
O experto catalán explicou que outras cidades "peatonalizaron muy bien" o seu centro histórico ou áreas comerciais, pero que Pontevedra apostou por unha remodelación "integral" que permite cumprir o seu "sueño" de ver unha cidade "para disfrutarla, para pasearla y para enamorarse", que potencie o comercio de proximidade e as tendas "agradables".
"Seguramente hay ciudadanos que no lo valoran", dixo. O mesmo ocorreu en Barcelona, lembra, cando se peonalizou parte do centro da cidade. "Los comerciantes nos querían matar y ahora si les dices que vamos a poner coches otra vez nos matan pero sin avisar primero", afirmou entre risas.
Pontevedra ten, segundo Toni Puig, un tamaño "genial" xa que considera que os mellores lugares para vivir son as cidades duns 100.000 habitantes. "Me he encontrado la ciudad soñada", asegurou.
Tras contar cunha cidade "bien planificada", apuntou, débese traballar a marca de cidade. Neste sentido, Puig recomenda a Pontevedra apostar polas empresas creativas. Así, suxire avanzar baixo o concepto de "ecología y creatividad".
"Tenéis la base que es la ciudad y ahora Pontevedra debe dar ejemplo, dar el salto y posicionarse en el terreno de la creatividad", explicou o creador da "marca Barcelona".
A creatividade, dixo, nace de "pequeños grupos de personas" que se reúnen en bares ou prazas e que empezan a traballar en equipo, algo para o que Pontevedra está "fisicamente adaptada". Así, instou a Pontevedra a converterse na "ciudad de la cultura", que non é, matizou, a que máis actos culturais ofrece senón a que adquira unha maior calidade creativa.