Toda a parroquia de Tomeza estará conectada á rede municipal de saneamento cando se execute o proxecto que vén de contratar o Concello. É unha actuación que permitirá dotar deste servizo a seis vivendas dos lugares de A Valadiña e Pumariño.
Esta zona quedara fóra do proxecto global de Tomeza e vai a ser executada agora cun investimento de 110.256 euros, o que se corresponderá con algo máis de 18.000 euros por vivenda, segundo explicou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.
"Non é só un investimento importante polo remate da rede como tal, senón que tamén permitirá dar servizo a ao lugar de Carrasco, en Marcón, que ata o de agora, non era posible", sinalou Gulías. Será a través dun proxecto a maiores que se licitará proximamente.
Está previsto que a obra nestes dous lugares de Tomeza comece nun mes, unha vez estean todos os informes sectoriais en orde.