A comparsa Amoriños de Bora fíxose este sábado co premio único extraordinario para grupos e comparsas Ravachol 2018, concedido polo xurado que valorou a todos os participantes no desfile de Entroido que percorreu as rúas de Pontevedra.
A primeira hora da noite o xurado deu a coñecer os premios, que se entregaron aos gañadores que estaban presentes na festa do Entroido celebrada como cada ano no praza da Ferrería. Amoriños de Bora levou, ademais do premio extraordinario, o primeiro premio na categoría de comparsas.
Como vén sendo habitual, esta categoría tivo unha altísima calidade e levaron o resto dos premios, por esta orde, Os 100tolos (2), Os da caña (3), Os Solfamidas (4), Las flores del carnaval (5) e Os Canecos (6).
Na categoría de individuais levou o primeiro premio de disfraz 'A menina de Azulejos pasea no entroido' e o de facha 'Iluminaciones o rápido'. O segundo premio de disfraz foi para 'Calimero pasea por Pontevedra' e o de facha para 'Santa Compaña do Procés.
Na categoría de parellas, o xurado deulle o primeiro premio de disfraz a 'Un Picnic' e de facha a 'O dichoso marzo'. O segundo premio de disfraz foi para 'Venecia nos xardíns' e o de facha para 'Polo á brasa de Siña Mucha'.
Na categoría de grupos, o primeiro premio de disfraz foi para 'Estrellas da noite' e de fachas para 'Os koloutros, enghancha o que poidas'. O segundo premio de disfraz foi para 'Asociación Cor Café' e de facha para 'Os de sempre. Dous tontos moi tontos'. O terceiro premio de disfraz levárono 'Imos á praia anos 20' e de facha 'Vamos a todo. Pontevedra Dor'.
O cuarto premio de disfraz na categoría de grupos foi para 'La liamos Brown' e de facha para 'Escola municipal de Ximnasia Arrítmica'. Nesta categoría o quinto premio de disfraz foi para 'Yo fui a E.G.B.' e de facha para 'Jladiator Rasa'. O sexto premio levárono 'Os miudos alta costura' en disfraz y 'Ence. A historia interminable' en facha.