Todos os colexios electorais de Pontevedra abriron con normalidade

Pontevedra
12 de xullo 2020

A xornada electoral comezou sen incidentes en Pontevedra. Do mesmo xeito que no resto da comunidade galega, constituíronse todas as mesas electorais da provincia e abríronse á hora prevista, ás nove da mañá

Xente votando nas eleccións galegas do 12X
Xente votando nas eleccións galegas do 12X / Cristina Saiz

A xornada electoral comezou sen incidentes en Pontevedra. Do mesmo xeito que no resto da comunidade galega, constituíronse todas as mesas electorais da provincia e abríronse á hora prevista, ás nove da mañá.

Así o destacou en rolda de prensa o director  xeral de  Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que informou de que todas as mesas de votación, 1.331 en toda a provincia, puideron ser conformadas sen problemas

A partir de agora, a atención céntrase no dato de participación que, nunha primeira onda, coñecerase sobre as 12.30 horas.

En principio, témese un aumento importante da abstención debido aos rebrotes do coronavirus e ao día tan caloroso que acompaña a estas eleccións, con temperaturas que chegarán ata os 35 graos nas Rías Baixas.