Todo preparado para as xornadas de portas abertas á horta de Santa Clara

17 de decembro 2021

O Concello de Pontevedra organizou este venres unha visita institucional ao convento de Santa Clara no que foron convidados todos os representantes institucionais da cidade e tamén do Goberno galego

Visita de autoridades ao Convento de Santa Clara
Visita de autoridades ao Convento de Santa Clara / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra organizou este venres unha visita institucional ao convento de Santa Clara na que foron convidados todos os representantes institucionais da cidade e tamén do Goberno galego.

Tivo lugar ás 10.00 horas e foi guiada tanto polo interior do edificio como na zona verde. A continuación, ás 12.00 horas, houbo outra visita para as entidades e asociacións culturais.

Ademais, a Concellaría de Patrimonio Histórico xa ten todo preparado para as xornadas de portas abertas á zona verde do convento de Santa Clara previstas para o sábado e o domingo. Serán de acceso libre e de balde. O horario será de 10.00 a 18.00 horas de xeito continuado.

Todo o percorrido estará sinalizado para maior seguridade pola Covid e o recinto terá unha capacidade de 250 persoas, que se corresponden a uns 40 metros cadrados para cada visitante.