Todo listo para recibir o novo curso nos colexios de Soutomaior

Soutomaior
06 de setembro 2024

O Goberno local realizou actuacións nos centros educativos que dependen da xestión municipal, CEIP Manuel Padín Truiteiro, Escola Infantil de Romaríz e Galiña Azul de Arcade. Manu Lourenzo sinalou que as obras e traballos realizados cobren as necesidades inmediatas trasladadas polos equipos directivos

Manu Lourenzo, Pablo Garrido e Quico Obelleiro, no CEIP Padín Truiteiro
Manu Lourenzo, Pablo Garrido e Quico Obelleiro, no CEIP Padín Truiteiro / Concello de Soutomaior

Os centros educativos de Soutomair xa están listos para o inicio do curso o vindeiro 11 de setembro despois de someterse a unha completa posta a punto durante o verán.

O Goberno local de Soutomaior realizou actuacións nos centros educativos que dependen da xestión municipal, CEIP Manuel Padín Truiteiro, Escola Infantil de Romaríz e Galiña Azul de Arcade. 

No Manuel Padín Truiteiro realizaron a limpeza e axardinamento dos taludes; o encintado do muro de mampostería; o pintado de porterías e renovación de redes; o pintado do comedor e varias aulas; o repintado da pista exterior de educación viaria; e a limpeza de canalóns.

Na Galiña Azul realizaron a revisión de todos os peches e estores, o repintado do valado exterior, a substitución da secadora e a colocación de mesas abatibles no comedor.

Na Escola Infantil de Romariz os traballos consistiron na substitución do pavimento dos baños, a limpeza de  canalóns, o pintado da aula 2, a revisión de persianas e a construción dun areeiro.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Obras, Pablo Garrido, visitaron este xoves o Padín Truiteiro para supervisar as actuacións realizadas acompañados polo director, Quico Obelleiro.

Lourenzo sinalou que as obras e traballos realizados cobren as necesidades inmediatas trasladadas polos equipos directivos.

Todos os arranxos realizados nos centros educativos realizáronse con fondos propios xa que "para nós investir en educación, dentro das competencias que lle corresponden ao Concello, é un obxectivo prioritario"