102.227,82 euros de premio tocaban no gran sorteo da Bonoloto deste luns, un boleto que era selado na administración número 4 de Pontevedra, situada en Raíña Vitoria, que xestiona Carmela Díaz Lorente.
Trátase dun boleto de segunda categoría, que se corresponde con cinco acertos máis o número complementario.
Non se rexistrou ningún premio de primeira categoría, con seis acertos. Con todo, si se localizou outro boleto de segunda categoría, tamén premiado como o de Pontevedra, en Ávila.
A combinación que logrou o premio está integrada polos números 26, 29, 31, 38 e 43. O número complementario foi o 47, mentres que o do reintegro é o 9. A recadación establecíase en 3.167.942 euros.
O despacho de Lotería Carmela xa selara outro boleto da Bonoloto en maio, premiado con 38.120 euros. Trátase dunha administración que leva anos sumando premios en diversos sorteos.