Tino Fernández ve o PSOE "decisivo" para "conformar un goberno de progreso en Pontevedra"

Pontevedra
27 de maio 2019

O candidato socialista á alcaldía de Pontevedra declarouse "tremendamente satisfeito" polos 4 concelleiros conseguidos pola súa formación e que lles colocan como chave para gobernar. "Estamos abertos a negociar", asegura Fernández sobre a posibilidade de pactar co BNG

O Partido Socialista de Pontevedra celebra os resultados nas eleccións municipais do 26M
O Partido Socialista de Pontevedra celebra os resultados nas eleccións municipais do 26M / Diego Torrado
Tino Fernández (PSOE) valora os resultados das eleccións municipais /

O Partido Socialista preséntase como a forza política que pode condicionar o futuro goberno local de Pontevedra. Por iso, os catro concelleiros logrados pola candidatura de Tino Fernández celebráronse na sede da formación da rosa como un triunfo.

"Estamos tremendamente satisfeitos", recoñeceu o candidato cando se rozaba o 96% do voto escrutado, tras seguir con moita atención xunto ao seu equipo o reconto e esperar a ter asegurado o resultado.

Ante os medios de comunicación e militantes presentes na sede socialista, Fernández celebrou con enerxía o veredicto das urnas ao entender que "imos a ser absolutamente decisivos á hora de conformar un goberno de progreso en Pontevedra".

O cabeza de cartel do PSOE compareceu acompañado da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, e os concelleiros que lle acompañarán na próxima corporación municipal, Yoya Blanco, Iván Puentes e Paloma Castro, aos que agradeceu o seu traballo asegurando que "estamos no bo camiño". 

Así o reflicte ter logrado "un ascenso despois de moitos anos nos que non eramos capaces de remontar", explicou tras gañar un edil con respecto ás anteriores eleccións locais, nas que conseguiu tres representantes.

Con estes números, resultaba inevitable non pensar nun posible pacto de goberno co Bloque Nacionalista Galego, como xa ocorreu entre ambas as formacións en tres lexislaturas recentes, aínda que non na última, e a preguntas dos xornalistas Tino Fernández sinalou que o BNG encabeza por Miguel Anxo Fernández Lores, como forza máis votada, "ten que ser o que tome a iniciativa".

Iso si, cando o faga "nós estamos abertos a negociar, a falar de todo", afirmou o socialista, que terminou dirixíndose expresamente aos militantes e mesmo atrevéndose a bailar unha bachata cunha da integrantes da candidatura, Ada Otero, reflectindo que a noite tiña convertido xa nunha celebración en toda regra.

Arquivado en