Entre oito e nove meses antes da súa desaparición Sonia Iglesias Eirín reuniuse coa presidenta da Asociación de Mulleres Maltratadas Luz nunha cafetaría e díxolle "que tiña intención de separarse. A súa interlocutora notoulle "triste" e percibiu que había "algo que no contaba".
A muller, que xa non é presidenta do citado colectivo, declarou este luns no Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra no marco das dilixencias solicitadas pola familia de Sonia Iglesias para reimpulsar o caso da desaparición da nova pontevedresa o 18 de agosto de 2010.
A testemuña pide non divulgar o seu nome, pero si relatou as circunstancias nas que se encontrou coa desaparecida. Aconteceu entre finais de novembro e principios de decembro de 2009. Sonia Iglesias chamouna porque "alguien le dijo de la propaganda que yo tenía. Me llamó y nos citamos" para reunirse un día pola tarde na cafetaría 'Café Supremo' de Pontevedra.
Reuníronse na cafetaría "para ser más ameno" e ela contoulle que "tenia intención de separarse". A asociación que presidía ela naquel entón aglutina vítimas de violencia de xénero, pero Sonia Iglesias "no me dijo en ningún momento que la maltrataba".
Notouna "triste, si", pero ningunha evidencia de que fose vítima de ningún delito. "Quería informarse, nada más, como cualquier otra mujer que viene a consejarse de cómo separarse de su marido, de su pareja en su caso", explicou.
A presidenta da asociación 'Luz' non vira a Sonia Iglesias "nunca jamás" con anterioridade e non volveu vela tras esa reunión nunha cafetaría. Dúas semanas despois da súa desaparición viu a súa foto nos medios de comunicación, acordouse dela e acudiu á Comisaría para relatar o encontro que tivera con ela. Segundo relatou, "me dio mucha pena que desapareciese" y "quedé un poco frustrada con que podía haber investigado más".
Este luns estaba tamén citada unha segunda persoa, unha muller do ámbito máis próximo de Sonia Iglesias, pero non compareceu por un problema na notificación da citación. Foi citada de novo para o xoves, o mesmo día que declarará como testemuña Julio Araújo, a parella da desaparecida e único imputado na causa.