Tes en mente algún merecedor do premio Cidade de Pontevedra? Xa podes presentar a candidatura

Pontevedra
04 de decembro 2016

Ata o xoves 5 de xaneiro, está aberto un prazo para presentación de candidaturas. Calquera asociación, institucion ou colectivo do municipio poderá facer unha proposta que terá que ser presentada no Rexistro xeral do Concello, sinalándose todos os datos e méritos do candidatos e unha memoria xustificativa 

Calros Solla e o IES Luis Seoane reciben os premios Cidade de Pontevedra
Calros Solla e o IES Luis Seoane reciben os premios Cidade de Pontevedra / Mónica Patxot

Este luns 5 de decembro bota a andar a nova edición dos premios Cidade de Pontevedra, que recoñecen a labor desenvolvida por unha persoa física e unha entidade, asociación o colectivo (persoa jurídica) vencellada ao concello e que contribúa a engrandecelo.

Durante un mes, ata o xoves 5 de xaneiro, está aberto un prazo para presentación de candidaturas. Calquera asociación, institución ou colectivo do municipio poderá facer unha proposta que terá que ser presentada no rexistro xeral do Concello de Pontevedra, sinalándose todos os datos e méritos do candidatos e unha memoria xustificativa que saliente a súa traxectoria.

Os premios que levan o nome da cidade entregaranse nunha sesión de honra do Pleno municipal o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrono da Pontevedra.

Concederanse premios a unha persoa física vencellada, dalgún xeito, ao municipio de Pontevedra e os seus habitantes; e a unha persoa xurídica, asociación, entidade ou colectivo que teña desenvolto un labor de especial proxección cara Pontevedra e os seus habitantes. Para cada unha das modalidades outórgase un único premio, que consiste nun Teucro de prata e un diploma.