A Asociación Socio Sanitaria de Enfermidade Inflamatoria Intestinal (ASEII) será protagonista dunha Gala Solidaria que terá lugar no Liceo Casino de Pontevedra o próximo venres, día 10 de maio, a partir das 20:30 horas.
Baixo a etiqueta #territoriofelicidad, o evento consistirá nunha charla amena e interactiva de 90 minutos de duración, na que dous recoñecidos coachs compartirán, cun estilo sinxelo e práctico, as reflexións que lles converteron en referencia no ámbito da felicidade.
O conferenciante e escritor Juanma Quelle, xunto co músico e terapeuta Pedro Campos, unen as súas forzas para conducir o público a través desta charla inspiracional, onde os asistentes tamén poderán practicar percuterapia e gozar de música en directo.
A asistencia á gala terá unha entrada/doazón de 3 euros e a recaudación íntegra será destinada a ASEII, co fin de proporcionar axuda psicolóxica ás persoas que se atopan por primeira vez coa enfermidade.
Para comprar las entradas o la "fila cero" se puede contactar con Aseii a través del correo electrónico: [email protected] o en el teléfono: 698 191 366. También se pueden adquirir en la taquilla que se habilitará en el acceso al evento.