Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita indicada para entrante ou como prato principal e onde aproveitaremos todas as calidades dun dos produtos máis apreciados da gama gourmet de Conservas Pescamar: a ventrecha de bonito do norte.
A parte do bonito do norte máis exquisita e valorada pola alta cociña é a ventrecha. Recibe o seu nome por atoparse na zona do ventre do bonito, onde se concentran proteínas de alto valor biolóxico e ácidos graxos saudables.
Para preparar una deliciosa Terrina de salmón e ventrecha de bonito do norte Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 4 patacas
- 1 lata de ventrecha de bonito do norte gourmet Pescamar
- 150 gramos de filetes de salmón afumado
- 2 ovos
- 50 gramos de manteiga
- 120 g de maionesa
- 70 g de tomate frito
- Sal
Preparación:
Poñemos no lume un cazo de auga con sal. Cando estea a ferver, engadimos as patacas peladas e cocémolas durante 30 minutos.
Sacamos as patacas e fervemos os ovos durante 10 minutos.
Pasamos as patacas coa manteiga derretida polo pasador de puré. Estendemos a masa nunha bandexa.
Aparte, preparamos a mestura introducindo nun cunco os ovos en anacos, o salmón afumado e a ventrecha de bonito do norte gourmet Pescamar cortados en porcións, o tomate frito e un pouco de maionesa. Remexemos.
A continuación, colocamos a mestura no centro da masa de pataca e, con axuda do papel filme, facemos rolos.
Para servir, retiramos con coidado o papel filme, poñemos as pezas nunha fonte e engadimos unha lixeira capa de maionesa.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.