Un terremoto de magnitude 3,1 con epicentro en Barro nótase de madrugada en toda a provincia

Barro
12 de xaneiro 2025
Actualizado: 16:58

Segundo rexistrou o Instituto Xeográfico Nacional, o tremor tivo lugar ás 01:24 horas. O 112 non ten constancia de que provocara ningunha situación de emerxencia nin ocasionase danos

Terremoto detectado polo  Instituto Xeográfico Nacional
Terremoto detectado polo Instituto Xeográfico Nacional

Un movemento sísmico de magnitude 3,1 rexistrouse durante a madrugada do sábado ao domingo en Barro. 

Segundo a información rexistrada polo Instituto Xeográfico Nacional, o tremor tivo lugar ás 01:24 horas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) non ten constancia de que o sismo provocara ningunha situación de emerxencia nin ocasionase danos.

Con posterioridade ao mesmo, sobre as 2:30 horas da madrugada, o 112 si que recibiu unha chamada dunha persoa en Poio solicitando información polo sismo.

Segundo ten rexistrado o Instituto Xeográfico Nacional, o tremor deixouse notar en localidades de toda a provincia de Pontevedra e tamén do sur da provincia coruñesa.  

Lugares onde se notou o terremoto detectado poloInstituto Xeográfico Nacional
Lugares onde se notou o terremoto detectado polo Instituto Xeográfico Nacional

Entre as localidades nas que se sentiu o terremoto figuran, na provincia pontevedresa: Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Caldas de Reis, Marín, A Lama, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Bueu, Soutomaior, Campo Lameiro, Vilanova e Vilagarcía de Arousa, Ribadumia, Cambados ou Meis.

Tamén puido notarse máis lonxe, en puntos da provincia como Valga, Vigo, Mos, A Estrada, NIgrán, Moaña, Pazos de Borbén, Vila de Cruces, Salvaterra, Lalín, Gondomar, Porriño, Ponteareas, Crecente, Redondela, Tomiño, Silleda, O Rosal, Mondariz, As Neves ou A Cañiza.

Na Coruña, puido sentirse en Boiro, Santiago, Ordes, Teo, Vedra, Arzúa, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Oroso, Touro, Rois,  O Pino, Boqueixón ou Rianxo.