Terras de Pontevedra saca a concurso a contratación de paquetes turísticos ao redor dos parques rupestres da comarca é o obxectivo da convocatoria que vén de organizar a mancomunidade turística Terras de Pontevedra, que engloba aos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro.
A mancomunidade quere que os paquetes inclúan ofertas de aloxamento e tamén propostas gastronómicas.
As empresas interesadas deberán imprimir un mínimo de 2.000 dípticos, difundir a información en portais de viaxes de ámbito nacional e organizar unha campaña de difusión en Redes Sociais, especialmente Twiter e Facebook, sen esquecer tampouco a difusión de imaxes a través de Pinterest e Instagram.
Finalmente, as propostas deberán introducir colaboracións cos principais centros de arte rupestre españois e, especificamente, con Atapuerca, Ekainberri e Teverga. Na proposta deben incluírse tamén as principais referencias rupestres de Francia, Gran Bretaña, Irlanda e Italia.
O importe do contrato é de 22.000 euros IVE incluído e as empresas disporán dun prazo de 15 días para entregar as súas propostas.