Unha das cousas máis importantes para o día a día é a capacidade expresiva das persoas. Por iso, resulta imprescindible traballar as calidades comunicativas dos máis pequenos, alimentando deste xeito o seu espírito crítico e a súa capacidade de argumentación. Precisamente, este é un dos obxectivos que buscan alcanzar no CEIP Barcelos a través do Taller de Argumentación que se está levando a cabo con nenos de quinto de primaria.
As propulsoras desta iniciativa foron dúas nais do colexio, Sonia Canay, avogada, e Patricia García, licenciada en psicoloxía, preocupadas polas dificultades dos seus fillos á hora de expresarse en público. A finais do pasado curso, comentaron as súas inquietudes coa orientadora do centro, María Luísa Corujo, máis coñecida no centro como Lissi, quen plasmou todo iso nun proxecto presentado e aprobado polo centro, co que empezaron a traballar a comezos deste curso 2015-2016.
Pero este Taller de Argumentación, non só busca mellorar as capacidades expresivas dos alumnos, senón que tamén as tres consideraron "interesante introducir el debate y la opinión razonada, respetando la opinión del otro, sabiendo que lo que dice puede resultar interesante", explicou Sonia Canay, durante a mañá deste martes 15 de marzo no colexio. O taller impártese en horario lectivo, durante as clases de Ciencias Naturais ou Ciencias Sociais, e dependendo do tema tratado adoitan durar 2 ou 3 sesións.
'Necesito un móbil?' foi a pregunta exposta polas nais e a orientadora
As sesións comezaron cunhas pequenas dinámicas de grupo para saber como sentían os alumnos, para describirse a eles mesmos. A partir de aí, Sonia, Patricia e Lissi continuaron traballando outros temas en boga e incluíndo outros propostos polos propios alumnos, como o bullying, a igualdade entre homes e mulleres, ou o uso do teléfono móbil.
'Necesito un móbil?' foi a pregunta exposta polas nais e a orientadora para traballar esta temática. "Nosotras pensamos que iba a haber muchos niños que iban a confundir necesito con quiero, pero nos sorprendimos", expuxo Sonia Canay. Nun primeiro momento, continuou explicando, "hubo división: un grupo de niños sí lo necesitaban tremendamente y otros entendían que no lo necesitaban aunque lo quisieran". Para avivar os razoamentos dos alumnos "siempre le buscábamos los tres pies al gato", declara Lissi, dándolle voltas aos argumentos ofrecidos polos nenos, quen, segundo Sonia "sólo ven una opción y no están acostumbrados a que se les lleve la contraria". Ademais, abren as mentes dos máis pequenos, xa que "muchas veces no son conscientes de los gastos que supone tener un móvil, de que el wifi hay que pagarlo y las llamadas también", expón Patricia.
Entre tanto debate, chegou un punto no que "fueron muy creativos" manifestan ambas as nais e a orientadora. Ante as respostas ofrecidas polos nenos despois de deixarlles pensar ata a extenuación, Sonia, Patricia e Lissi propuxéronlles poñerse na pel dos seus pais, e foi así como os propios alumnos elaboraron unha carta sobre o uso do móbil para os seus futuros fillos. Esta carta foi enviada aos pais dos alumnos e alumnas do CEIP Barcelos e esperan que contribúa ao debate no ámbito familiar, pero en "ningún momento se planteó como una norma, sino como un ejercicio escolar", aclara Sonia.
Pero, calou o tema nas mentes dos nenos? Durante o recreo, seis nenos de quinto de primaria acoden á xefatura de estudos do colexio para contar que lles pareceu todo; os seus nomes: David, Bernal, Andrea, Candea, María e Milagres. Necesitan o móbil? A resposta é unánime: non; dos seis, só un ten móbil, sen tarxeta SIM, polo que só "lo uso para jugar", explica. Con todo, nalgún momento puntual failles falta para chamar aos seus pais, por exemplo, cando viaxan debido ás competicións deportivas. De feito, son conscientes de que ter teléfono móbil non sempre é bo: "impide el desarrollo cerebral", manifesta David; para Candea crea dependencia; e outros, consideran que che volve caprichoso, porque sempre queres ter o último en tecnoloxía, aínda cando o teu móbil cumpra a súa función perfectamente.
A pesar de saber que ter móbil "mola", son conscientes de que aínda que o queiran, para o seu día a día non é necesario pois aos amigos xa os ven no cole, e poñen de manifesto que, de cando en vez, deben rifarlle aos maiores, irmáns, curmáns ou mesmo pais, cando lles ignoran polo whatsapp.