Tenorio, de novo vítima dos incendios

Cerdedo-Cotobade
16 de outubro 2017
Actualizado: 10:23

Un novo incendio, nesta negra xornada en Galicia, afectou de novo a unha zona que, nos últimos anos, foi pasto das chamas en varias ocasións. Trátase da parroquia de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade. O lume detectouse, pasadas as nove da noite, no lugar de Parada

Incendio forestal en Tenorio
Incendio forestal en Tenorio / Diego Torrado

Un novo incendio, nesta negra xornada en Galicia, afectou de novo a unha zona que, nos últimos anos, foi pasto das chamas en varias ocasións. Trátase da parroquia de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade.

O lume detectouse, pasadas as nove da noite, no lugar de Parada.

Segundo fontes oficiais, as chamas están moi preto das casas.

O presidente da xestora que dirixe o concello, Jorge Cubela, fixo un chamamento a través das redes sociais para pedir a colaboración cidadá para evitar que o lume avance sen control pola zona.

Tras controlar este lume, os servizos de emerxencia tiveron que empregarse a fondo tamén noutros puntos do municipio, despois de que os incendios que asolagaron Ponte Caldelas crearan diversos focos nas zonas de Borela, Famelga e Augasantas.

Segundo Cubela, ás oito da mañá todos os lugares estaban fóra de peligro e os incendios controlados.

Arquivado en