"Tendremos candidaturas en los ayuntamientos", asegura VOX na súa presentación en Pontevedra

Pontevedra
09 de febreiro 2019

A formación de extrema dereita protagonizou este sábado un acto aberto na Finca Batacos de Pontevedra ao que asistiu o seu secretario xeral a nivel nacional, Javier Ortega Smith, coa idea de presentar unha candidatura para as próximas eleccións municipais

Presentación de VOX en Pontevedra
Presentación de VOX en Pontevedra / Diego Torrado

VOX desembarcou este sábado en Pontevedra cun acto aberto celebrado na Finca Batacos.

O evento supoñía a presentación na cidade da formación de extrema dereita. 

Ao acto acudiu o secretario xeral a nivel nacional de VOX, Javier Ortega Smith, ademais dun nutrido grupo de simpatizantes.

Os plans da formación pasan por elaborar unha lista para concorrer ás próximas eleccións municipais na capital provincial, do mesmo xeito que no resto de principais localidades de Galicia.

"No tengan ninguna duda, tendremos candidaturas en los ayuntamientos, tendremos candidaturas en las elecciones autonómicas y en las elecciones generales", sinalou ante os xornalistas Ortega Smith.

Ademais o secretario xeral da formación defendeu que "Galicia necesita el mensaje de VOX", entre outros asuntos porque "queremos la libertad lingüística, que aquí en Galicia se pueda educar a los hijos en la lengua común".

Arquivado en