Tendencia xeral de descenso en casos covid nos municipios

Pontevedra
17 de febreiro 2021

Pontevedra conta con 322 casos activos, 23 menos que este martes; Poio tamén baixa en 15 casos situándose en 142 mentres que Marín sobe nun caso e establécese en 137. O Concello onde se experimenta un maior ascenso é Vilanova de Arousa que rexistra seis novos casos nas últimas 24 horas

Xente paseando con máscaras en Pontevedra
Xente paseando con máscaras en Pontevedra / Cristina Saiz

Este mércores 17, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade aos diferentes municipios da área sanitaria, mostra unha continuidade na tendencia de baixada de casos, aínda que se produciron algúns incrementos en novos positivos en  oncellos como o de Vilanova de Arousa ou Marín.

Os datos ofrecidos polos diferentes Concellos reflicten que en Pontevedra rexístranse 322 casos activos, 23 menos que o martes; Poio ofrece quince casos menos situándose en 142; mentres que o Concello de Marín presenta 137 contaxios, un máis que hai 24 horas.

Bueu ofrece unha cifra de 30 casos activos por covid-19, tres menos. Mentres que en Cerdedo-Cotobade, a cifra establécese en 27 positivos, dous menos. En Ponte Caldelas, hai 40 persoas infectadas, catro menos que na xornada do martes, mentres que en Soutomaior o número de casos é de 69. Barro, sitúase en 20 positivos, os mesmos que hai 24 horas e Portas tamén vai descendendo paulatinamente con sete persoas infectadas neste Concello. Na Lama, a cifra sitúase en 13 persoas afectadas pola enfermidade.

En Cuntis, a cifra é de 25 casos activos, un menos; en Campo Lameiro rexístranse dous casos activos. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén certa estabilidade presentando 46 novos casos, 16 por cada 100.000 habitantes.

Na comarca de Arousa detéctase un incremento no municipio de Vilanova de Arousa con seis novos casos nas últimas horas e o nivel neste Concello móstrase en vermello con 41 casos dentro da vila, segundo indican desde o goberno local.

En Vilagarcía de Arousa, son 122 os casos positivos por  covid, sete menos que na xornada do martes. Na Illa de Arousa cuantifícanse 17 casos. En Cambados, o rexistro ofrecido pola xerencia da área sanitaria mostra 60  contagios e o número de novos casos diagnosticados neste municipio nos últimos 14 días baixan a 55. 

A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcinados polo Servizo Galego de Saúde, pode consultarse no mapa que acompaña a esta información.