Unha alegría desbordante seguía mostrando este luns o candidato do Partido Popular Telmo Martín por recuperar a maioría absoluta para gobernar en solitario en Sanxenxo e xa prometeu que gobernará "con responsabilidade e humildade".
Nun almorzo informativo Martín asegurou que no seu partido están "moi satisfeitos" e interpreta o triunfo electoral como unha "recompensa" da cidadanía polo traballo desenvolto polo PP. "Non tiña ningunha dúbida de que a xente ía responder", engadiu.
"Outra cousa distinta era obter a maioría absoluta", admitiu o actual alcalde de Sanxenxo que xa non necesitará establecer pactos con outros partidos para conservar o bastón de mando.
"Sentímonos con moita máis responsabilidade para poñer a Sanxenxo no estandar máis alto de calidade de vida" e tambien evitar o abandono dos mozos do municipio "facilitando as empresas que se instalen aquí" para que xeren emprego ou abaratando o custo da vivenda.
A corporación municipal de Sanxenxo queda formada por dez concelleiros do Partido Popular, tres do PSOE que recupera dous escanos, dous o BNG e só un representante para Cidadáns e Sanxenxo Agrupación Liberal, que non rendibilizou con votos a súa coalición de goberno cos populares.