Telmo Martín confía en que ninguén se desprace a Sanxenxo en Semana Santa para facer uso da súa segunda vivenda

Sanxenxo
03 de abril 2020

Alerta de que a coordinación entre a Policía Local, a Garda Civil e a Brilat está a ser perfecta e os diferentes corpos se manteñen en comunicación permanente a través da Subdelegación do Goberno para evitar desprazamentos inxustificados

Policía Local de Sanxenxo
Policía Local de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, móstrase convencido de que non hai posibilidade algunha de que ninguén se desprace desde as súas respectivas residencias a outras cidades durante esta Semana Santa co obxectivo de utilizar unha segunda vivenda. 

O rexedor indica que tanto as medidas de control adoptadas como a responsabilidade do 99% da cidadanía que cumpre co confinamento nos seus fogares anulan a posibilidade de que se produzan intentos de desprazarse a zonas tradicionalmente turísticas nestas datas como Sanxenxo.

Indica que desde o  Concello está a contarse coa estreita colaboración das forzas de seguridade do Estado como da Garda Civil e do Exército. Desta forma, Telmo Martín alerta de que existe un dispositivo especial de seguridade na vila desde o principio do estado de alarma e que no últimos dez días incrementáronse os controis para evitar a mobilidade.

Ademais, afirma que a coordinación entre os axentes da Policía Local, a Garda Civil e a Brilat está a ser perfecta e mantéñense nunha comunicación permanente a través da Subdelegación do Goberno.