Chegamos a unha nova entrega de"A cociña gourmet en conserva" cunha presentación moi orixinal que combina o peixe crú e as especialidades en lata de Pescamar.
A parte do bonito del norte máis exquisita e valorada pola alta cociña é a ventrecha. Conservas Pescamar achégaa a todos os fogares a través da súa gama gourmet. Recibe o seu nome ao atoparse na zona do ventre do bonito, onde se concentran proteínas de alto valor biolóxicoe ácidos graxos que nos axudan a manter unha dieta saudable.
Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web lémbranos que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".
Para preparar un delicioso Tártaro de atún con ventrecha Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de ventrecha de bonito do norte gourmet Pescamar
- Atún
- Cebola
- Alcaparras
- Aceite de oliva 0,4º
- Salsa de soia
- Ravo picante
- Wasabi (mostaza xaponesa)
- Verduriñas de tempada
Preparación:
Cortamos o atún en anacos pequeniños.
A continuación, colocámolo nun bol con cebolas e alcaparras picadas, un aliño preparado con aceite de oliva 0,4° e salsa de soia, un chisco de ravo picante e de wasabi. Deixamos macerar durante 10 minutos.
A continuación, partimos os filetes de ventrecha de bonito do norte gourmet Pescamar e incorporámolos á mestura.
Axudados cun molde de empratado redondo, colocamos o tártaro sobre unha bandexa listo para servir.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.