Seis meses é o tempo que tardou o Concello de Pontevedra, segundo denuncia o Partido Popular, en ter lista unha solicitude de información urbanística do Servizo Galego de Saúde (Sergas) sobre os terreos de Marcón e Tomeza destinados a acoller o futuro hospital de Monte Carrasco. ÿ un exemplo, di Ricardo Aguilar, da "dejadez" del gobierno municipal, á hora de tramitar calquera documento na área de Urbanismo no Concello de Pontevedra.
Entre outros exemplos, o concelleiro popular sinalou os vinte meses que tivo que esperar un veciño de Pontevedra para coñecer cuestións urbanísticas relacionadas coa ampliación dun inmoble da rúa de Arzobispo Malvar, aínda que neste caso houbo que solicitar polo medio a opinión do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e a da Comisión Territorial de Patrimonio, "que curiosamente sólo tardó un mes en responder".
Estos "retrasos injustificables" que sofren administracións, oposición municipal e particulares son "aún más incomprensible teniendo en conta la práctica paralización de la actividad urbanística en la ciudad" desde o estalido da burbulla inmobiliaria. E cre que se debe fundamentalmente "al desinterés del Concello sobre la actividad urbanística", algo que cualifica como "escandaloso" ao recordar que "no hay ni PXOM, ni licencias, ni información, ni nada".
Aguilar fixo estas declaracións ao remate dunha comisión de Urbanismo na que, segundo informou o concelleiro Antón Louro, aprobouse unha modificación do PGOU para poder executar a conexión da rede eléctrica dos antigos terreos de Tafisa, denegouse unha licenza para ampliar en dous andares un edificio en Arcebispo Malvar ou desestimouse unha reclamación das empresas interesadas nun tanatorio na avenida do Uruguai.
Ademais, o edil socialista desvelou que a Xunta, a través da Consellería de Sanidade, realizou unha solicitude de información urbanística sobre as 200 parcelas, repartidas en catro polígonos, que ocuparía o pretendido Hospital de Monte Carrasco nas parroquias de Marcón e Tomeza. Solicitou toda esa documentación de cara ao expediente de expropiación urxente dos terreos.
Neste sentido, Antón Louro reiterou que, actualmente, sería inviable facer en Monte Carrasco o hospital porque "eses terreos non se poden urbanizar", ao estar declarados como solo rural, equipamento rural ou solo rústico de protección forestal. Ademais recordou que o abastecemento de agua non chega a esa zona e a rede de sumidoiros "tan só chegaría aos extremos das parcelas e descoñecemos se darían abasto con que se tería que vertir nela".
En todo caso, recordou que todos eses condicionantes resolveríanse "sen mais" ao estar declarado o proxecto de incidencia supramunicipal.